miércoles, 20 de septiembre de 2017

NORMAS E ROUPA.

Agora que comeza unha nova tempada nunca ven de máis recordar unha serie de normas básicas e sencillas que cumplir para que todo vaia perfecto.

Para os novos nen@s anotados a actividade de fútbol, como xa sabedes podedes ir a reservar o pack de roupa en Élide do día 25 ao 30 de septembro.

Moitas grazas!!

lunes, 11 de septiembre de 2017

INICIO TEMPADA 2017/2018

Boas a tod@s!! Despois dun longo verán chega septembro e con el o inicio do curso e polo tanto tamén das actividades extraescolares. Xa temos mono de fútbol e de ver aos rapaces competir.

O prazo de inscripción comeza hoxe ata o 20 de septembro..

Está convocada unha reunión informativa cos pais o xoves 14 de septembro ás 17:30 na aula de 1ºB do cole na que se tratarán diversos temas de organización, horarios, indumentaria, normas, monitores e serán respondidas todas as vosas dudas.

A data oficial de comezo de adestramentos será o luns 18 de septembro.

Animaros a participar, vémonos o xoves. Un saúdo e Forza Francis!!!!




viernes, 16 de junio de 2017

CAMPEONES!!!

SE O LICEO XA NOS PARECÍA UN GRAN ÉXITO, ONTE OS RAPACES CONSEGUIRON FACERSE CO TÍTULO DA COPA BENXAMIN DE F8 DE 2ª AUTONÓMICA TRAS DERROTAR O SAGRADO CORAZON POR 3 GOLES A CERO.

SEN DÚBIDA TODO UN LOGRO QUE UN COLEXIO, CONSIGA GAÑAR UN TROFEO NA MODALIDADE DE F8 CO GRAN NÚMERO DE CLUBES QUE HAI NA PROVINCIA DE LUGO.

O NOSO BENXAMÍN A, SAIU MOI CONCENTRADO DENDE O INICIO SABENDO A IMPORTANCIA DO PARTIDO, E PÚXOSE POR DIANTE A FALTA DE 5 MINUTOS PARA O REMATE DA PRIMEIRA PARTE. XA NA SEGUNDA E COAS PILAS CARGADAS E ALGÚN DETALLE CORREXIDO, CAERON O SEGUNDO E O TERCEIRO DEIXANDO VER A SUPERIORIDADE DE FRANCISCANOS.

AÍNDA ASÍ DARLLE A NORABOA O SAGRADO CORAZÓN, RIVAL MOI DIGNO QUE NOS PUXO AS COUSAS MOI DIFICILES EN MOITOS MOMENTOS DO PARTIDO E XOGANDO CUNHA GRAN INTENSIDADE, UN PRACER SEMPRE ENFRENTARSE A ELES.

E CON ESTE TÍTULO REMÁTASE A TEMPADA OFICIAL DE F8, CUN BALANCE MÁIS QUE POSITIVO PARA O BENXA A, CO TÍTULO DE LIGA E COPA NO SEU BOLSILLO (HOXE RECIBIRA UN PREMIO DA GALA DO PROGRESO POLO TÍTULO LIGUEIRO) E DOS BENXAMÍNS B, QUE LOGRARON UN TERCER POSTO TANTO EN LIGA COMO NA FASE DE GRUPOS DA COPA.

A VINDEIRA CITA SERÁ O DOMINGO, NO TORNEO DE F8 DO SPORTING BURGO, UN DÍA DE FESTA E CELEBRACIÓN.

GRACIÑAS A TODOS OS QUE APOIASTES E ANIMASTEDES ÓS RAPACES.

MOI ORGULLOSOS DOS NOSOS XOGADORES, DA GUSTO VELOS MEDRAR.

#FORZAFRANCIS !

martes, 13 de junio de 2017

INCRIBEL FIN DE SEMANA!

NON HAI PALABRAS PARA DEFINIR ESTE FIN DE SEMANA. O SÁBADO O BENXAMÍN A, B E O PREBENXA 2009 PARTÍA CARA CORUÑA PARA XOGAR AS SEMIFINAIS GALEGAS DO TROFEO LICEO 2017.

O OBXETIVO ESTABA CLARO, DISFRUTAR DUN DÍA EN FAMILIA E VIVIR NOVAS EXPERIENCIAS COMO VIAXAR EN BUS E COMER TODOS XUNTOS...PERO ESTOS RAPACES NUNCA PARAN DE SORPRENDERNOS E CLASIFICÁRONSE PARA AS GRAN FINAIS TRAS DERROTAR OS TRES EQUIPOS AO COLEXIO DE LA SALLE DE SANTIAGO.

O BENXAMÍN A, CLASIFICOUSE TRAS UN PARTIDO DISPUTADÍSIMO CUNHA PARTE PARA CADA EQUIPO, NO QUE NINGUEN FOI CAPAZ DE ABRIR O MARCADOR GRAZAS EN GRAN PARTE Á INMENSA ACTUACIÓN DOS PORTEIROS. TIVERON QUE SER OS PENALTYS OS QUE ROMPERAN ESTE EQUILIBRIO NO MARCADOR, DECANTÁNDOSE A FAVOR DOS NOSOS LOGO DE 7 LANZAMENTOS.

O BENXAMÍN B FOI O EQUIPO QUE MENOS PROBLEMAS TIVO, XA QUE GAÑOU 4-1 CON GRAN AUTORIDADE E POIDENDO MARCAR ALGÚN GOL MÁIS SE ESTIVERAN ALGO MÁIS ACERTADOS CARA Á PORTA.

O PREBENXA GAÑOU 4-3 NUN PARTIDO ÉPICO E IGUALADO, NO QUE CALQUERA DO DOUS EQUIPOS PODRÍA SER XUSTO GAÑADOR, PERO QUE DANI TRAS PARAR UN PENALTY NOS DERRADEIROS MINUTOS DEU A VICTORIA ÓS MÁIS PEQUENOS.

ASÍ OS 3 EQUIPOS CLASIFICÁRONSE PARA AS FINAIS QUE SE DISPUTARON A PARTIR DAS 17:00 NO COLEXIO DO LICEO DA CORUÑA, TRAS FACER UNHA COMIDA CO RESTO DOS XOGADORES DOS OUTROS EQUIPOS.

O BENXAMÍN A PROCLAMOUSE CAMPIÓN GALEGO TRAS DERROTAR O GUITIRIZ POR 6-2 NUN PARTIDO SEN NINGUNHA ALTERNATIVA, NO QUE FOMOS SUPERIORES E DEMOSTRAMOS A GRAN TEMPADA QUE ESTAMOS A FACER.

A CRUZ FORON O BENXA B E O 2009 QUE PERDERON AS SÚAS FINAIS CONTRA O LICEO E O EIRÍS RESPECTIVAMENTE, QUEDANDO ASÍ SUBCAMPIÓNS GALEGOS.

AÍNDA ASÍ, FOI UN DÍA EXTRAORDINARIO, ONDE O PASAMOS XENIAL E DISFRUTAMOS MOITÍSIMO ADEMÁIS DE VOLVER Á CASA CON 3 COPAS MOI MERITORIAS E DE GRAN PRESTIXIO.

DARLLE A NORABOA A TODOS OS NOSOS XOGADORES, FIXERON UN PAPEL ENORME NESTE LICEO QUEDANDO CAMPIÓNS PROVINCIAIS E CAMPIÓNS E SUBCAMPIÓNS GALEGOS.

E O DOMINGO AÍNDA ESPERÁBANOS OUTRA LEDICIA MÁIS, O BENXA A TIÑA QUE REMONTAR O 5-2 EN CONTRA DA IDA CONTRA O ATL.ABUÍN A PARA METERSE NA FINAL DA COPA DE F8 E CONSEGUIUNO DESPOIS DE GAÑAR 5-1 NUN PARTIDO QUE QUEDARÁ NA HISTORIA, POLO ESFORZO E SACRIFICIO QUE DEMOSTRARON OS NOSOS, SEN DARSE POR VENCIDOS E SEMPRE CONVENCIDOS DAS SÚAS POSIBILIDADES PARA REMONTAR.

AGORA AGARDAMOS IMPACIENTES O XOVES ÁS 20:00 NAS GÁNDARAS PARA ACABAR DE REMATAR A FAENA E CONQUISTAR UN TÍTULO MÁIS PARA UNHA INCRIBEL TEMPORADA DE TODOS OS RAPACES.

MOITA SORTE PEQUENOS!

#NONOPODENENTENDER
#FORZAFRANCIS
#DIABLOSVERMELLOS




jueves, 8 de junio de 2017

HORARIOS FASE FINAL GALEGA LICEO 2017


VOLTA DAS SEMIS DE COPA

O BENXAMÍN A DISPUTARÁ ESTE DOMINGO A PARTIR DAS 12:00 (CONVO. 11:15) NO CAMPO DE FRIGSA A ELIMINATORIA DE VOLTA DAS SEMIS DA COPA FRENTE O ABUÍN A. OS NOSOS BENXAS MÁIS MAIORES TRATARÁN DE DAR A VOLTA O ADVERSO 5-2 DA IDA PARA CLASIFICARSE PARA A FINAL COPEIRA.

NINGUEN DIXO QUE FORA FÁCIL PERO DE BEN SEGURO QUE ESTES RAPACES SON QUENES DE CONSEGUILO OU POLO MENOS INTENTALO ATA O FIN DAS SÚAS FORZAS.

O DOMINGO MÁIS CA NUNCA NECESITAMOS O APOIO DE TODOS VOSOUTROS ASÍ QUE BAIXADE A FRIGSA A DEIXAROS A GORXA POR ESTES RAPAZOLOS E VESTIROS DE VERMELLOS.

TODOS XUNTOS, SEGURO QUE PODEMOS!!!

#ATAOFINAL
#DIABLOSVERMELLOS
#NONOPODENENTENDER


TRIPLE COROA NO LICEO PROVINCIAL

O NOSO BENXAMÍN A, BENXAMÍN B E O PREBENXAMÍN 2009 ACADARON O TÍTULO DE CAMPIÓNS PROVINCIAIS DO LICEO DE LUGO.

O BENXA A CONSEGUIUNO O VENCER POLA MÍNIMA (1-0) AO GUITIRIZ NUN PARTIDO MOI DISPUTADO NO QUE NON HOUBO MOITAS OCASIÓNS, PERO QUE SERGIO CONSEGUIU ROMPER O EQUILIBRIO TRAS UN GOL DE SAQUE DE ESQUINA QUE VALEU A VICTORIA E A POSTERIORI O TÍTULO. APUNTAR AS NUMEROSAS E IMPORTANTES BAIXAS QUE TIÑA O EQUIPO (ALEX BUENO, MATEO E NICO).

O BENXA B COMO VEN ANUNCIAMOS HAI UNHAS SEMANAS XA SE PROCLAMARA CAMPIÓN O VENCER CON AUTORIDADE O COLEXIO CASAS E DEMOSTRAR A GRAN EVOLUCIÓN DE TÓDOLOS RAPACES.

O PREBENXA 2009 LOGROU O ÉXITO Ó REMONTAR UN RESULTADO ADVERSO DE 2-0 TRAS UNHA MALA PRIMEIRA PARTE. O CONXUNTO ADESTRADO POR PABLO TIROU DE ÉPICA PARA SOBREPOÑERSE A ESTE MARCADOR E ASÍ ALZARSE CO TÍTULO.

ESTAS TRES CATEGORÍAS, VIAXARÁN O VINDEIRO SÁBADO A CORUÑA ONDE SE DISPUTARÁ A FASE FINAL GALEGA DO LICEO DURANTE TODO O DÍA .

ESPEREMOS QUE OS NOSOS DISFRUTEN DUN DÍA DE FESTA E SE HAI SORTE TRAIAN ALGUN TÍTULO. NORABOA E SORTE FRANCIS.

#FORZAFRANCIS
#DIABLOSVERMELLOS
#NONOPODENENTENDER